·
Mentres
permanecen acesas durante toda a noite farolas en puntos con escasa ou nula
circulación, o Concello cortou a iluminación en parte da travesía do Mesón do
Vento, incrementando os riscos para condutores e viandantes
·
Nun
accidente múltiple rexistrado o pasado
xoves na rotonda da Piolla, os implicados tiveron que cubrir os partes coa
iluminación dos propios vehículos
Ordes, 24 de agosto de 2012.- O Partido Popular de Ordes defenderá
no vindeiro pleno municipal unha
iniciativa para instar ao Concello a aclarar os criterios que utiliza para
racionalizar o consumo enerxético derivado da iluminación nocturna, dado que
se teñen constatado numerosas
incoherencias, como o apagamento masivo de farolas en zonas que rexistran una
elevada intensidade de tráfico, mentres permanecen acesos durante toda a noite
puntos de luz en lugares con moi escasa
ou nula circulación de vehículos e peóns.
Como exemplo da
falta de criterio que caracteriza as medidas de racionalización lumínica
implantadas polo Concello de Ordes, o Partido Popular sinala o que está suceder
no Mesón do Vento (e tamén noutros núcleos do municipio), onde o Goberno local
deixou sen servizo un elevado número de farolas, incrementado así o risco para
condutores e viandantes, dada a elevada intensidade de tráfico que rexistra a
estrada N-550 ao atravesar esta localidade.
O Partido Popular
denuncia o sucedido o pasado xoves, arredor das 22,30 horas na rotonda que
enlaza a N-550 coa estrada de Betanzos, preto da Piolla. Nese punto rexistrouse
accidente múltiple no que resultaron implicados tres vehículos. Dada a ausencia
de iluminación artificial, os implicados tiveron que iluminar a zona cos faros
dos seus vehículos para poder cubrir os partes do accidente.
Para os populares
de Ordes, “despois da época de vacas
gordas, na que Regos gastou e deixou a deber o que non tiña, agora apreta o
cinto sen criterio, castigando, como sempre, aos veciños que non teñen culpa alguna
dos excesos cometidos por un alcalde irresponsable e derrochador”.