martes, 4 de septiembre de 2012

O Partido Popular celebra que a Xunta financie o o arranxo da Casa Consistorial de Ordes



·   “Unha vez máis, acredítase que é a Xunta do PP a que paga os principais proxectos de Ordes, como sucedeu coa rolda leste e sucederá agora coas obras da Casa Consistorial”, afirma Martínez Sanjurjo

Ordes, 4 de setembro de 2012.- O Partido Popular de Ordes celebra que a Xunta de Galicia tomase cartas no asunto e se implique para poder arranxar os danos estruturais que presenta a antiga Casa Consistorial de Ordes, derivados de unhas obras mal plantexadas polo actual Goberno local.

José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, valora a actitude do Executivo galego, que tras aceptar o proxecto modificado presentado polo Concello de Ordes, vai financiar, mediante unha subvención, as obras necesarias para asegurar a estructura do edificio (que presenta risco de derrubamento) e arranxar boa parte do interior do mesmo.

“Unha vez máis, acredítase que é a Xunta do PP a que paga os principais proxectos de Ordes, como sucedeu coa circunvalación da vila e sucederá agora coas obras da Casa Consistorial”, afirma Martínez Sanjurjo.

O portavoz popular sinala que o rigor que caracteriza a xestión do presidente Feijóo permite que a Xunta se sitúe como a Comunidade Autónoma máis solvente de España, o que lle permite facer fronte aos pagos pendentes e asumir compromisos como a subvención coa que financiará as obras que se comezaron a executar na Casa Consistorial de Ordes.