· Avoga por suprimir as
indemnizacions por asistencia a plenos e comisións extraordinarias
· Nunha moción que defenderá no
Pleno deste xoves, o voceiro municipal do PP pide reducir as dietas da Xunta de
Goberno local e as das comisións informativas
· Tamen insta a reducir o soldo do
alcalde nun 7,1%, o equivalente ao importe dunha paga extraordinaria
Ordes, 24 de xullo de 2012.- O Partido Popular de Ordes
defenderá no pleno previsto para o próximo xoves unha reducción drástica das
indemnizacións que perciben os concelleiros ata lograr un aforro anual de
37.300 euros, e reducir os gastos en soldos e dietas da corporación en 112.500
euros nos tres anos que restan de lexislatura local.
Con esta proposta, o
Partido Popular de Ordes pretende poñer coto á proliferación de convocatorias
de plenos e comisións extraordinarias, que o alcalde celebra para incrementar
os ingresos dos concelleiros que integran o equipo de Goberno, privados de
dedicacións exclusivas por atoparse en minoría.
Xunta de Goberno local
A moción que o Partido
Popular trasladará ao Pleno propón reducir
a 150 euros as indemnizacións que perciben os membros do equipo de
Goberno por asistencia á Xunta de Goberno local, e que ata o de agora están
fixadas en 190 euros/concelleiro.
Propón tamén o PP baixar
dos 105 euros actuais a 60 a indemnización por asistencia a comisións informativas
ou do consello da emisora municipal.
Na liña do acordado noutras
administracións, o Partido Popular reclama unha reducción do soldo do alcalde
nun 7,1%, para axustalo á eliminación da paga extraordinaria de Nadal, co que o
salario do rexedor quedará fizado en 38.380,05 euros anuais, en lugar dos
41.313,30 euros que viña percibindo ata o de agora.
A moción do PP de Ordes
insta tamén ao alcalde a reducir a convocatoria de plenos e comisións
extraordinarias e limitalas aos casos estrictamente necesarios. Sen embargo,
nos casos nos que a convocatoria extraordinaria estea xustificada, o PP propón
celebrala inmediatamente antes ou despois dun pleno ordinario.
Suprimir as dietas por plenos e comisións extraordinarios
Con todo, o PP propón
suprimir as indemnizacións por asistencia a plenos ou comisións extraordinarias,
fixadas actualmente en 150 euros por concelleiro e reunión.
Na liña da austeridade e
contención do gasto que inspira esta proposta, Martínez Sanjurjo esixe ao
alcalde que reduza a convocatoria de comisións ordinarias, de maneira que só se
celebren cando existen asuntos suficientes para tratar, evitando as reunións
baleiras de contido ou as que aborden asuntos puntuais susceptibles de ser
engadidos a unha orde do día posterior.
A política como servizo ao ben común
Para José Luis Martínez
Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular, o “sablazo” que o alcalde
perpetra contra as arcas municipais a través da
convocatoria indiscriminada de reunións extraordinarias, moitas veces
baleiras de contidos reais, non só atenta contra os principios éticos que deben
rexer o exercicio democrático da política, entendido como o servizo ao ben
común, senón que provoca nos veciños un
lóxico rexeitamento xeneralizado.
O partido Popular pretende
que esta proposta de reducción do gasto municipal en soldos e dietas dos concelleiros
entre en vigor vindeiro día 1 de agosto.