·
O PP de Ordes observa unha obstrucción deliberada do
Concello á tramitación do PXOM e avoga por un documento transparente e sen
favoritismos
· Recorda que o Executivo de Regos desaproveitou o avance
de PXOM que recibira nun estado de elaboración moi adiantado e cinco anos
despois segue sen aprobar
·
A Xunta cumpriu escrupulosamente o prazo de 2 meses marcado
pola lei para emitir o informe previo á aprobación inicial
· O PP local reitera a súa aposta por un PXOM inmediato e
sen intereses, como os que semellan condicionar a actuación do alcalde
Ordes, 17 de xullo de 2012.- O Concello de Ordes continúa ocultando aos grupos da
oposición as modificacións efectuadas no documento de inicio do PXOM logo do
milleiro de suxestións efectuadas polos propietarios afectados. De feito, no
vindeiro pleno municipal, o Partido Popular solicitará copia do documento
remitido no seu momento á Xunta e que serviu de base para a elaboración do
informe previo á aprobación inicial do PXOM ordense.
Goberno opaco que sementa dúbidas
“Ordes
ten un Goberno local opaco que se nega a desenvolver unha xestión transparente
do PXOM, provocando así que a sombra da dúbida se instale sobre un documento
vital para o futuro do municipio, e que debería tramitarse coa máxima
dilixencia, sen favoritismos e sen máis limitacións que a de responder ao
interese xeral, en lugar de velar polos intereses particulares que tanto
preocupan a Regos”, afirma José Luis Martínez, portavoz municipal do Partido
Popular.
Martínez
Sanjurjo lamenta que durante o proceso de elaboración do documento de inicio do PXOM o alcalde de
Ordes adoptase unha actitude de tutela permanente, se cadra para tratar de recualificar
determinadas fincas, aínda que fose a costa de incumprir as instruccións e
directrices de ordenación do territorio.
Os
cinco anos perdidos polo actual alcalde de Ordes para dotar a este Concello dun
Plan Xeral de Ordenación Municipal
transparente e con visión de futuro, poñen de manifesto unha obstrucción
deliberada do rexedor á aprobación deste instrumento de planeamento, segundo
afirma o Partido Popular.
Recordan
os populares ordenses que ao inicio da pasada lexislatura local, cinco anos
atrás, o alcalde de Ordes, optou por tirar pola borda o documento inicial do PXOM
que herdara do anterior executivo local e ao que só restaban por corrixir as
deficiencias sinaladas pola Xunta. De terse continuado aquel proceso, Ordes
disporía, a día de hoxe, dun PXOM en vigor ou próximo a aprobarse, como acontece
noutros concellos da Comarca.
A este ritmo, sen PXOM no que resta de lexislatura
local
Pola
contra, a decisión do rexedor local de iniciar a elaboración dun novo PXOM,
partindo de cero, e sen argumentos sólidos que xustificasen tal decisión,
condenou o futuro de Ordes e dos ordenses que, a este ritmo, seguramente
seguirán sen PXOM definitivo no que resta de lexislatura municipal.
A
xuízo de José Luis Martínez Sanjurjo, voceiro municipal do Partido Popular, os
retrasos que acumula o Concello de Ordes na tramitación do PXOM contrastan coa
rapidez coa que a Xunta emitiu o informe previo á aprobación inicial do PXOM
ordense, xa que este documento foi elaborado no prazo máximo de dous meses
fixado pola lei para esta primeira fase de tramitación.