lunes, 18 de junio de 2012

O Partido Popular de Ordes agradece o traballo desenvolvido por Pedro Carrasco e respecta a súa decisión de renunciar á acta de concelleiro

Pedro Carrasco del Río




  ·   Seguirá a desenvolver un papel activo dentro do PP, xa que se limita a renunciar á acta por razóns persoais, non á actividade política no seo da agrupación local

 · Será substituido por Luis Caamaño Fraga, número 7 da candidatura do PP nas pasadas municipais





Ordes, 18 de xuño de 2012.- O Partido Popular de Ordes acata e respecta a decisión do concelleiro Pedro Carrasco del Río de renunciar á súa acta de concelleiro, decisión que formalizou esta mañá no rexistro do Concello, por razóns de índole persoal.

O Partido Popular agradece o traballo desenvolvido por Pedro Carrasco no seo da corporación municipal.

Sen embargo, Pedro Carrasco seguirá a desenvolver un papel activo dentro da agrupación local do Partido Popular de Ordes, onde se encargaba, e o seguirá facendo, de asuntos de Urbanismo ou Economía, entre outros. O PP pide respeto para a decisión de Pedro Carrasco, que obedece exclusivamente a razóns de carácter persoal.

Colaboración “inestimable” no seo do PP local

José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, lamenta perder a Pedro Carrasco como concelleiro, pero valora poder seguir contando coa súa “inestimable colaboración  no seo do PP local, onde sempre demostrou ser unha excelente persoa, un home traballador, leal e preocupado polos problemas das persoas”.

Luis Caamaño Fraga




Pedro Carrasco será substuído na Corporación Municipal por Luis Caamaño Fraga, que se presentara ás pasadas Eleccións Municipais co número sete da candidatura do PP de Ordes. O futuro novo concelleiro reside na parroquia de Parada.