· A ocultación pode obedecer á ausencia de proxecto ou, o
que sería igual de grave, a un incumprimento da normativa en vigor
· Sorprende que o mesmo Concello que tempo atrás argumentou
a necesidade de descubrir o tramo de río ocupado ata hai pouco por depedencias
anexas da piscina volve ser tapado cun forxado de formigón
Ordes, 19 de xuño de 2012.- A sombra da sospeita e da comisión de presuntas irregularidades
esténse sobre as obras de reforma da piscina municipal descuberta de Ordes,
logo de que o Concello se negase a amosar a concelleiros do Partido Popular o
proxecto técnico dos traballos.
Sorprendidos
polo feito de que o Concello agardáse ata a primeira semana de xuño para
iniciar as obras de reforma da piscina descuberta, xusto cando estas
instalacións deberían estar a piques de abrir as súas portas, concelleiros do
Partido Popular reclamaron o proxecto técnico nas dependencias municipais.
Cúmulo de sospeitas
Sen
embargo, o equipo de Goberno negouse a amosar os documentos aos concelleiros da
oposición sen ofrecer argumentos válidos. Neste contexto, o Partido Popular
interpreta que ou ben as obras se están a executar sen contar co preceptivo proxecto
técnico, ou, o que sería igual de grave, os traballos se poderían estar
desenvolvendo ignorando o proxecto e mesmo de costas á normativa de aplicación
para actuacións deste tipo.
Antes había que destapar o río, e agora vólveno
cubrir
Tempo
atrás, o Concello de Ordes argumentou a necesidade de derrubar os vestiarios,
aseos, cafetería a acceso principal da piscina descuberta por ter sido edificados sobre un tramo do río
Mercurín. Pero agora, unha vez derrubadas esas edificacións, o Concello pretende
cubrir ese tramo fluvial que discorre ao carón da piscina cun forxado de
formigón, como fixo tamén sobre outro anaco do río nunha zona próxima os
Xulgados e o Campo da Feira de Ordes.
“Que
o Concello de Ordes evite facilitar documentos ao Partido Popular non nos
sorprende, pero sería aínda máis grave que esa actitude trate de agochar unha
infracción normativa”, afirma José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal
do Partido Popular de Ordes.
O
voceiro popular adianta que o seu partido solicitará, no vindeiro pleno
municipal, copia de todos os documentos relacionados coas obras de reforma da
piscina municipal descuberta do Campo da
Feira, incluíndo as autorizacións relacionadas co dominio público
hidráulico.
Risco de perder unha subvención
O Partido Popular insta ao alcalde de Ordes a
extremar o celo na xestión desta obra e a corrixir calquera anomalía
procedimental que se puidera ter producido, dado o risco que corre de perder a
subvención outorgada pola Xunta de Galicia para a mellora das instalacións da
piscina municipal descuberta.