·
Martínez Sanjurjo departíu con diferentes cargos
políticos e institucionais

A agrupación local do
Partido Popular de Ordes fletou un autobús para trasladar ata A Coruña a un
nutrido grupo de militantes e simpatizantes, pero foron tamén numerosas as
persoas que acudiron nos seus vehículos particulares.
A representación institucional
do PP ordense estivo encabezada polo portavoz municipal, José Luis Martínez
Sanjurjo e os concelleiros do Grupo Popular.

O Partido Popular de Ordes
agradece e valora a elevada resposta que esta convocatoria acadou entre os seus
militantes e simpatizantes e considera que esa receptividade acredita a
crecente aceptación dos seus postulados entre os veciños de Ordes.