jueves, 24 de mayo de 2012

O Concello de Ordes asómase ao abismo presupostario mentres o interventor municipal advirte do “total incumprimento” do plan de saneamento de 2009



·   O interventor lamenta que o Goberno local teña feito caso omiso das súas advertencias e sinala que o Concello debe tomar medidas drásticas “que non poden demorarse nin un instante máis”

·        Os excesos cometidos polo Goberno de Regos durante 2011 tradúcense en gastos extrapresupostarios de máis de 936.000 euros e unha desviación orzamentaria de 3,6 millóns de euros, cifra astronómica para un Concello de escasos 13.000 habitantes

·      Para o voceiro popular, resulta dramático que tanto derroche se esfumase sen que os veciños que van pagar as débedas se beneficiasen de servizo algún


Ordes, 24 de maio de 2012.- Cada día que pasa, o Concello de Ordes asómase máis ao abismo presupostario, e así o acredita un recente informe do interventor municipal, no que denuncia o “total incumprimento” do Plan de Saneamento aprobado no ano 2009 e alerta de que o Goberno local debe tomar medidas drásticas que “non poden demorarse nin un instante máis”, dada a gravidade da situación e a pasividade do alcalde, a pesar de que “estas medidas veñen sendo esixidas por esta intervención”.

Este informe da interveción municipal é unha esixencia da norma estatal que regula o plan de saneamento municipal de 2009, que daquela permitiu ao Concello de Ordes obter un crédito de algo máis de un millón de euros.

Entre outros datos alarmantes, o informe do interventor sinala que durante o exercicio de 2011, o Goberno local de Manuel Regos xerou gastos extrapresupostarios que superan os 936.000 euros. Mentres, e tan só en 2011, a desviación presupostaria xerada ascende a 3.163.000 euros (remanente líquido negativo de tesourería).

Trátase, en opinión do PP local, dunha cifra “astronómica” para un Concello de escasos 13.000 habitantes, durante un exercicio no que, máis aló da custosa campaña electoral desenvolvida polo actual alcalde, os servizos municipais enfilaron unha espiral de deterioro. 

Mais de 10M€ de débeda municipal

No seu conxunto, e sumando o crédito de 2,7 millons de euros que  se ven de formalizar no marco do plan de pago a proveedores do Ministerio de Facenda (e que suporá mais de un millón de euros máis en xuros), o Concello de Ordes amorea unha débeda de mais de 10 millons de euros, que deberán pagar todos os veciños cos seus impostos.

En opinión do portavoz municipal do Partido Popuar de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, resulta dramático que todo o derroche cometido polo Concello de Ordes se esfumase sen que veciños se beneficiasen de mellora algunha nos servizos públicos que reciben e, pola contra, sexan condenados a padecer en carne propia os efectos da política que levou o Concello á bancarrota.