· O PP de Ordes fai público o
informe do interventor municipal para disipar dúbidas e reta ao alcalde a que o
desminta
· O informe da intervención
refírese ao plan de axuste de 2009, polo que nada ten que ver co de pago a
proveedores de 2012
· “Estaría ben que o alcalde abandone
o despacho de vez en cando e explique aos veciños en qué gastou os máis de 10 M€
que o Concello está a deber e que pagaremos todos cos nosos impostos”, afirma
Martínez
Ordes, 25 de maio de 2012.- O Partido Popular de
Ordes mantén unha por unha as reflexións efectuadas onte en relación co informe
elaborado polo interventor municipal no que advertía do delicado estado das
contas públicas municipais e reta ao alcalde a que acredite se algo do que se
dixo non responde á verdade.
En todo caso, e para
aclarar calquera dúbida, adxúntase o informe do interventor que serviu de base
para a elaboración da referida nota de prensa que, como todas as emitidas polo
Partido Popular, se sustentan sobre feitos e datos verificables. É dicir, o
Partido Popular actúa con rigor, conducta da que, lamentablemente, non pode presumir
o rexedor de Ordes nin o seu equipo de Goberno.
Convén aclarar, ante os
intentos de manipulación do alcalde, que o informe do interventor está datado
en marzo de 2012, que se refire ao exercicio de 2011 e se emite en aplicación
do plan de axuste de 2009, polo que nada ten que ver co plan de pago a
proveedores.
O Goberno apoia ás empresas, non a Regos
José Luis Martínez
Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes aclara tamén que o plan de axuste
aprobado polo Goberno central a quen respalda realmente é ás empresas e
profesionais cos que o Concello de Ordes mantén débedas millonarias que non foi
capaz de pagar pola súa nefasta política económica. Que o Goberno central
respalde ás empresas non implica, en absoluto, que respalde a política
municipal que, no caso de Ordes, situou ao Concello na bancarrota.
“Regos está confundido; o
Plan de Pago a Proveedores impulsado polo ministro Montoro apoia ás empresas e
aos autónomos de Ordes, non a un gobenro despilfarrador e irresponsable”,
agrega Martínez Sanjurjo.
O Goberno pódelle pedir explicacións a Regos
Con todo, o PP local
aclara que, a diferencia do plan de
axuste de 2009, co actual plan de pago a proveedores de 2012 o Goberno central,
a través do Ministerio de Facenda, está facultado para esixir responsabilidades ao alcalde e mesmo
intervir o Concello no caso de que se incumpran as obrigas contraídas. “Co Plan
de Montoro, Regos xa non poderá facer o que lle dea a gaña, como fixo co plan
de axuste de Zapatero”, advirte o portavoz popular.
Aclara tamén o PP local
que non está no seu ánimo utilizar aos funcionarios municipais, a título
persoal, para facer política, pero sí ten claro que os documentos públicos
elaborados por estes forman parte do procedemento administrativo e sustentan a
xestión. Pretender que o Partido Popular ignore o contido dos documentos
públicos, como insinúa o alcalde, non só pon de manifesto o seu escaso talante,
senón que revela un preocupante descoñecemento dos mecanismos de control
propios dos sistemas democráticos.
Dar a cara ante os veciños
Por último, o Partido
Popular recoméndalle ao alcalde que abandone de vez en cando o seu despacho no
Concello e dea unha volta polo municipio para comprobar en primeira persoa os
efectos da súa política: estado lamentable da rede viaria, obras pagadas varias
veces e que seguen presentando carencias, humidades nos baixos da alameda,
deficiencias no tanatario, imprevisión e neglixencia nas obras de ampliación e
remodelación da Casa Consistorial, etc.
“Estaría ben tamén que o
alcalde lle explique aos veciños que padecen esas deficiencias a cotío en qué
gastou os máis de 10 millóns de euros que o Concello está a deber e que
pagaremos todos cos nosos impostos”, conclúe Martínez Sanjurjo.
ABRIR ARCHIVO ADXUNTO: INFORME INTERVENCION CUMPLIMIENTO PLAN DE SANEAMIENTO.