· O
Concello “esqueceuse” de mercar os terreos necesarios para conectar o depósito
de Merelle á rede de abastacemento da vila
· O PP
local enmarca este episodio na xestión “chapuceira” do Goberno local
Ordes, 4 de maio de 2012.- O novo depósito de auga potable de
Ordes, construido hai preto de dous anos en Merelle continúa baleiro e sen
entrar en servizo porque no proxecto de execución o Concello “esqueceuse” de
prever a adquisición dos terreos necesarios para conectalo á rede de
abastecemento da vila.
Deste xeito, os 182.000 euros
investidos na execución e dirección desta obra súmanse a outras cifras millonarias
destinadas a actuacións inservibles pero que inflaron aínda máis a abultada
débeda municipal.
O “esquecemento” do Concello obriga
á Administración municipal a iniciar un procedemento de expropiación forzosa,
que demorará aínda máis a entrada en servizo desta infraestructura, a pesar das
deficiencias que presenta o abastecemento de auga na vila de Ordes e o seu
contorno.
O Partido Popular de Ordes enmarca este episodio na xestión “chapuceira”
á que o Goberno local de Ordes ten habituados a todos os veciños.