· O voceiro municipal do PP celebra
que “o tempo pon a cada un no seu sitio” porque agora se acredita que os retrasos da obra foron provocados pola
incompetencia do Concello
· Galicia ten actualmente o Goberno máis solvente de
España, que cumpre os seus compromisos e paga as súas obras, a diferencia do
que sucede no Concello de Ordes, lastrado por unha débeda multimillonaria
Ordes, 27 de abril de 2012.- O portavoz municipal do
Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez, agradece a implicación persoal do conselleiro de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas da Xunta, Agustín Hernández, para desbloquear e rematar
as obras da segunda fase da rolda leste da vila.
Para o voceiro do PP
local, a presenza de Agustín Hernández no acto inaugural celebrado onte
acredita o compromiso da Xunta de Galicia con Ordes e cos seus veciños, e
lamenta a sucesión de retrasos provocados polo propio Concello na execución do
vial que permite circunvalar a vila.
Falsidades do Concello e do PSOE
“O tempo pon a cada un no
seu sitio”, afirma José Luis Martínez, en referencia á sucesión de falsidades
proferidas desde hai meses desde o Concello, e tamén desde o PSOE, que para
ocultar a incompetencia do Goberno local, trataron de responsabilizar dos
retrasos á Xunta.
“Afortunadamente, Galicia
ten na actualidade o Goberno máis solvente de España, que cumpre cos seus
compromisos e paga as súas obras, a diferencia do que sucede co Concello de
Ordes, sumido na bancarrota como consecuencia dunha xestión irresponsable”,
agrega Martínez Sanjurjo.
“Os feitos acreditan que o
único que non paga aquí e ó Concello de Ordes”, continúa José Luis Martínez, ao
tempo que recorda que, en dous anos, o Goberno de Regos nin sequera foi capaz
de formalizar a cesión da parcela necesaria para a execución da rotonda de A
Gorita, na propia Rolda Leste.
O PP local recorda que,
ademais das dificultades para dispoñer dos terreos necesarios para as obras, a
falta de liquidez do Concello xerou tensións coa empresa construtora.
A obra foi financiada pola
Xunta mediante un convenio asinado co Concello de Ordes. A Xunta efectúa a
trasferencia ao remate de cada anualidade, unha vez recibida a certificación de
obra, compromiso de desarma os argumentos esgrimidos tempo atrás polo Concello
para desviar a atención sobre a causa real dos retrasos.