· O Partido Popular preguntará por este asunto no vindeiro
Pleno, dada a sucesión de accidentes rexistados
· Parte do pavimento táctil de botóns instalado polo
Concello de Ordes non se axusta ás especificacións técnicas que regulan este
tipo de equipamentos
Ordes, 25 de abril de 2012.- As baldosas esvaradizas colocadas polo Concello de Ordes
ó pe de algúns dos pasos de peóns da vila están a provocar numerosas caídas
entre os viandantes, algúns dos cales acabaron con lesións de gravidade, como
fracturas que precisaron atención hospitalaria.
O
maior volume de caídas por esvaramento rexístrase na esquina do cruce da
Avenida Alfonso Senra coa rúa Rosalía de Castro, onde os reiterados accidentes
rexistrados levaron ao Concello de Ordes a instalar un pasamáns metálico que,
polo de agora, non ten ofrecido os
resultados agardados. De feito, con posterioridade á instalación dese elemento
metálico xa se produciron novos accidentes.
Constatada
esta situación de risco para os viandantes, o Partido Popular de Ordes reiterará
por terceira vez o asunto no Pleno municipal previsto para este xoves, no que
esixirá a través dunha pregunta verbal explicacións ao equipo de Goberno polo
sucedido e reclamará a adopción das medidas necesarias para evitar que se sigan
producindo novos accidentes neste punto céntrico da vila.
O
Partido Popular desvela que o pavimento táctil de botóns instalado polo
Concello de Ordes nalgúns puntos da vila non se axusta ás especificacions
técnicas que regulan este tipo de equipamentos. Nin a separación entre os botóns, nin a ubicación e dimensións
da franxa sinalizadora cumpren coas especificacións técnicas; sen esquencer as
elevadas pendentes das beirarruas nas que foron empregados.