· O Partido Popular cuestiona que o
alcalde se desentenda do problema en lugar de buscar unha solución que permita
executar a rotonda con todas as garantías de seguridade, tal e como foi
proxectada inicialmente
· O voceiro popular, José Luis Martínez,
considera que, con boa vontade, o Concello aínda está a tempo de arranxar o
problema nos próximos días, antes de rematar as obras
Ordes, 22 de
abril de 2012.- O Partido Popular de Ordes insta ao alcalde a
implicarse persoalmente para formalizar un acordo nos próximos días que permita
dispoñer dos terreos necesarios para a execución da rotonda de A Gorita da
rolda leste.
Aínda que inicialmente, hai dous
anos, o Concello de Ordes negociou co propietario dos terreos necesarios unha
permuta, desde entón, o Goberno local evitou sistematicamente cumprir o
prometido e acceder á formalización da mesma ou a sinatura de calquera documento
no que se plasmase o acordo por escrito.
O voceiro municipal do Partido
Popular de Ordes, José Luis Martínez, critica a desididia municipal e apunta
como posible causa a incapacidade do Concello para regularizar a titularidade e
situación rexistral da parcela, a cal ofreceu permutar nun primeiro momento.
O alcalde
desenténdese
Con todo, para os populares
ordenses, resulta inaudito que en todo este tempo, o alcalde de Ordes non
tomase medidas, como un simple contacto co propietario para ofrecerlle unha
explicación por este retraso, razón pola que agora esixe a implicación persoal
do rexedor.
O Concello
aínda pode arranxar o problema
José Luis Martínez engade que,
con voa vontade, o Concello de Ordes aínda está a tempo de arranxar o problema
plantexado en A Gorita e sinala, como posible solución transitoria, que a
Administración local asine un documento co propietario afectado no que se
comprometa a formalizar a permuta da parcela nun futuro inmediato.
Deste xeito, o Concello podería
dispoñer a tempo dos terreos necesarios para executar a rotonda de A Gorita tal
e como foi proxectada inicialmente, con todas as garantías de seguridade que
esixe unha dotación destas características.
Esixen tamén os populares
ordenses que o Concello restitúa calquera dúbida na honorabilidade do
propietario afectado pola execución da rotonda en A Gorita, pois a
Administración local é a única responsable dos retrasos da obra, pola desidia
do Goberno local, que se nega a plasmar nun documento a permuta necesaria que permita
completar as obras no lugar, e deixalas en óptimas condicións de seguridade
para os usuarios do vial.