• A incapacidade do Concello para negociar unha permuta obriga a variar o proxecto da rotonda, incrementa o risco para os futuros usuarios e converte en inservible un muro de formigón construido polo Concello con cartos públicos
• Acredítase que a causa do retraso nas obras da rolda leste estaba na incapacidade do Concello para facerse cos terreos necesarios para a execución do vial
• O PP local tamén advirte do mal estado do vial central do polígono de Merelle, que aínda se deteriorá máis cando se conecte á rolda leste
Ordes, 21 de abril de 2012.- Unha nova neglixencia na xestión do Concello de Ordes, que foi incapaz de chegar a un acordo de permuta co propietario dunha parcela situada ao carón do lugar onde se ía construir a rotonda da rolda leste, no lugar de A Gorita, en Buscás, obrigará a variar o proxecto deste vial, ademais de xerar un novo quebranto económico para as arcas municipais.
Antes de formalizar a permuta, o Concello de Ordes executou un peche perimetral de formigón nun período de titularidade municipal coa intención de poñelo a disposición do propietario da parcela necesaria para completar a execución da ronda leste novo retraso. Sen embargo, o propietario afectado polo proxecto negouse a aceptar o cambio proposto polo Concello, que agora se verá obrigado a iniciar un procedemento de expropiación forzosa, co conseguinte retraso, ao tempo que terá que variar o proxecto técnico inicial.

A situación obriga tamén ao Concello a efectuar unha modificación no proxecto da ronda leste, de xeito que a rotonda da Gorita perderá visibilidade, incrementando deste xeito o risco para os futuros usuarios do vial.
Outro gasto inútil é, ao mesmo tempo, o investimento efectuado polo Concello para construir un peche perimetral na finca que pretendía permutar incrementará aínda máis o xa abultado déficit municipal, malia que este gasto non teña utilidade alguna.
Este xeito de proceder do Concello de Ordes evidencia, en opinión do portavoz municipal do Partido Popular neste municipio, José Luis Martínez, que o “descontrol e a desidia se teñan instalado no equipo de Goberno local, como o demostra este novo despropósito na rolda leste, na que semella que comezaron as obras polo tellado”.

Para Martínez Sanjurjo, esta sucesión de despropósitos “certifica a imperiosa necesidade dun cambio de rumbo na política local de Ordes”.
O Concello mentía sobre as causas da parálise das obras. Os feitos denunciados agora polo Partido Popular acreditan tamén a verdadeira causa do retraso que acumulan as obras de remate da ronda leste.
Así, malia que o equipo de Goberno de Ordes, coreado polo sempre dócil concelleiro socialista, tratou de culpar á Xunta do retraso, agora queda en evidencia que as obras estiveron paradas durante meses porque o Concello non foi capaz de facerse cos terreos necesarios para a execución das obras do Vial do Polígono.
Con todo, os despropósitos na execución da rolda leste de Ordes –unha obra que paga a Xunta, pero que executa e planifica o Concello en todas as súas fases en virtude dun convenio asinado no seu momento- van máis aló do sucedido na rotonda de A Gorita.
A rolda leste desemboca na estrada N-550 a través do vial central do polígono empresarial de Merelle. Este vial presenta un estado lamentable desde hai varios anos, sen que o Concello adoptase medida algunha para arranxalo.
De feito, na pasada lexislatura, o Concello de Ordes chegou a renunciar a unha subvención para arranxar este vial dado que carecía dos fondos necesarios para cofinanciar a reparación.

O Partido Popular avanza que o mal estado actual deste tramo se agravará aínda máis cando entre en servizo a rolda leste, ao canalizar polo centro do polígono boa parte do tráfico pesado que ata o de agora atravesaba a vila.