jueves, 29 de octubre de 2015

O PP de Ordes expresa o seu pesar polo falecemento do edil do BNG Ramiro Recouso


  • “Foi un home de ben, coherente e fiel aos seus principios e que cumpría coa palabra dada", afirma a voceira municipal do PP local



Ordes, 29 de outubro de 2015.- O Partido Popular expresa o seu pesar polo falecemento do portavoz municipal do BNG no Concello de Ordes, Ramiro Recouso, e traslada a súa solidariedade e afecto á familia, amigos e compañeiros do edil falecido.

“Ramiro Recouso foi un home coherente, fiel aos seus principios e sempre comprometido na defensa dos intereses de Ordes e dos seus veciños”, afirma a portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, Susana García.

En opinión de García Gómez, “Ordes perdeu hoxe un home de ben, un concelleiro que sempre traballou con honestidade e co que se podía falar, coa seguridade de que cumpría coa palabra dada”, agrega García Gómez.