miércoles, 18 de septiembre de 2013

A DEPUTACIÓN ABRE O PERÍODO VOLUNTARIO DE COBRO DOS TRIBUTOS MUNICIPAIS QUE TEN DELEGADOS



·     O prazo rematará o 20 de novembro do 2013 e a partir desa data os pagos terán un recargo automático do 5%
·     Os recibos que se porán ao cobro serán os do IBI, o IAE e a taxa de recollida do lixo de 82 concellos e un consorcio


A Coruña, 18 de setembro de 2013.- A Deputación da Coruña abriu xa o período de pago voluntario do Imposto sobre Bens Inmobles (natureza rústica, urbana e características especiais); o Imposto sobre Actividades Económicas; e determinadas taxas e prezos públicos municipais coma a taxa de recollida de lixo, de rede de sumidoiros, vaos, etc. naqueles concellos nos que a xestión tributaria está delegada na institución provincial.
Este período voluntario estará aberto ata o 20 de novembro do 2013. Os pagos realizados despois desa data e ata o 31 de decembro xerarán automaticamente un recargo do 5%
En total, a Deputación xestiona o cobro dos tributos e taxas en 82 concellos e un consorcio, sendo o de Ames o último en delegar a xestión das súas taxas na Deputación neste ano.
Os concellos que deciden delegar o cobro dos seus tributos e prezos públicos na institución provincial benefícianse durante todo o ano dos adiantos mensuais do 90% da previsión da recadación, o que supón unha importante achega para os concellos porque contan coa liquidez necesaria para afrontar os seus gastos independentemente de que os cidadáns paguen ou non os seus impostos.
Ademais, en casos excepcionais, a Deputación ten abonado con antelación hasta tres meses da recadación prevista para facer fronte a obrigas ou pagos extraordinarios por parte dos concellos.
O último destes adiantos tivo lugar no mes de xullo, cando a Deputación puxo a disposición dos 82 concellos e o Consorcio das Mariñas un total de 25 millóns de euros para afrontar o plan de pago a provedores que esixiu o goberno estatal. Esta medida xa fora tomada en marzo do 2012 por primeira vez, o que axudou a evitar que algúns dos municipios da provincia tiveran que acudir a un plan de axuste.


Listado de concellos coa xestión de tributos delegados:
Abegondo, Ames, Aranga, Arteixo, Arzúa, A Baña, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, A Capela, Cariño, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerceda, Cerdido, Coirós, Consorcio de As Mariñas, Corcubión, Culleredo, Curtis, Dodro, Dumbría, Fene, Fisterra, Frades, Irixoa, A Laracha, Laxe, Lousame, Malpica de Bergantiños, Mañón, Mazaricos, Melide, Mesía, Miño, Moeche, Monfero, Muros, Muxía, Narón, Neda, Negreira, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Oza dos Ríos, Paderne, Padrón, O Pino, Ponteceso, Pontedeume, Porto do son, Ribeira, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiso, Sobrado dos Monxes, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Valdoviño, Val do Dubra, Vedra, Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo e Zas.