· O temporal da pasada fin de semana precipitou un desprendemento na pista
que discorre entre Meitufe e Porta do Nó, ao carón do encoro de San Cosmade e
unha semana despois o Concello segue sen actuar
Ordes, 26 de xaneiro de 2013.- Unha semana despois de que o temporal precipitase un derrubamento na
estrada local que enlaza os núcleos de Meitufe e Porta do Nó, en Leira, Ordes,
o Concello continúa de brazos cruzados,
mentres os usuarios da vía se ven obrigados a efectuar rodeos de varios
quilómetros para sortear o punto afectado, que permanece pechado ao tráfico.

Malia o trastorno
provocado, o Concello de Ordes permanece de brazos cruzados, ignorando o
trastorno que este imprevisto ocasiona a moitos veciños e usuarios desta
estrada.
Veciños de segunda para o Concello
Dado o modo de
proceder que caracteriza ao Goberno local de Ordes, o portavoz municipal do
Partido Popular, José Luis Martínez Sanjurjo, pregúntase se a pasividade que
amosa o Concello neste caso sería a mesma se o lugar e dos feitos os afectados
fosen outros.
“Desgraciadamente,
o Concello de Ordes actúa de diferente xeito en función das incidencias que
xorden en cada momento e semella que, á vista da súa actitude, o rexedor
considera aos habitantes de algunhas zonas como veciños de segunda”, actitude
que o Partido Popular cualifica de
“impresentable e impropia dun concello democrático”.