viernes, 11 de enero de 2013

O PP de Ordes cuestiona a “clamorosa falta de ideas do Goberno local” e recorda que a bonificación do ICIO foi proposta polos populares


  • Sorpresa polo novo intento de Regos de apropiarse dunha iniciativa allea, neste caso aprobada por unanimidade no Pleno de outubro a proposta do PP local


  • Martínez Sanjurjo recorda que Regos leva toda a lexislatura sen presentar proposta algunha no Pleno

  • “O único que sabe facer Regos e incumprir os compromisos adquiridos no Pleno”, asevera o voceiro municipal do PP


Ordes, 11 de xaneiro de 2013.- O recente intento do alcalde de Ordes de publicitar como propia a bonificación do 75% no imposto sobre construccións, instalacións e obras (ICIO) aplicable ás explotacións gandeiras e agropecuarias deste concello constitúe unha nova mostra da “clamorosa falta de ideas e de proxecto que caracteriza ao Goberno local”, dado que esta proposta foi plantexada polo Partido Popular.

José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes, recorda que foi o seu grupo o que defendeu a implantación desta bonificación do ICIO a través dunha moción presentada no pleno municipal do pasado mes de outubro, moción que foi finalmente aprobada por unanimidade.

Os veciños coñecen a realidade

“O alcalde pode dicir o que lle pareza porque os veciños son perfectamente conscientes da realidade e así o explicamos nas reunións que estamos a celebrar nas parroquias. Por moito que Regos trate de ´vender´ a rebaixa do ICIO como propia, os veciños de Ordes saben que foi impulsada e defendida polo PP, porque estamos ao carón da xente e sabemos das súas necesidades e problemas”, aplica Martínez Sanjurjo.

Os populares de Ordes enmarcan o intento de Regos de apropiarse dunha proposta do PP no feito de que o equipo de Goberno leva todo o mandato sen trasladar ao Pleno unha soa proposta en positivo que beneficie aos veciños.

Regos incumpre os compromisos

“Regos limítase a convocar e asistir os plenos por imperativo legal, pero non presenta proposta algunha, porque carecen de ideas, porque goberna de costas aos veciños e porque non conta coa maioría necesaria para aprobar as súas propostas”, argumenta Martínez Sanjurjo. Engade o voceiro popular que “o único que sabe facer Regos e incumprir os compromisos adquiridos no Pleno”.