· O portavoz municipal do PP de
Ordes enviou unha mensaxe de adhesión á entidade que este domingo celebra as
súas nove décadas de existencia
Ordes, 7 de decembro de 2012.- O portavoz municipal do
Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, remitiu unha mensaxe de
felicitación ao Centro Galego de Ordes en Buenos Aires, que este domingo, 9 de
decembro, celebra o seu 90 aniversario.
En opinión do Partido Popular,
“o traballo desenvolvido polo Centro Galego de Ordes en Buenos Aires ao longo
das súas nove décadas de vida, mantendo viva a memoria da terra de orixe dos
seus socios e desenvolvendo unha encomiable labor social, fai que os que
habitamos na Galicia territorial manteñamos unha débeda de eterna gratitude”
coa emigración.
Por iso, engade a mensaxe
asinada por Martínez Sanjurjo, “desde o Partido Popular de Ordes queremos
sumarnos a esta celebración entrañable, trasladando ao Centro Galego de Ordes
en Buenos Aires o noso cariño, admiración e respecto”.