·
Razóns de axenda obrigan a aprazar o acto 24 horas
·
A convocatoria queda fixada para as 22,00 horas do
martes, en LP-45
Ordes, 13 de outubro de 2012.- O mitin do presidente do PPdeG e candidato á reelección
como presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en Ordes celebrarase finalmente
o martes 16 de outubro, 24 horas despois da previsión inicial
debido a razóns de axenda do candidato.
O
Partido Popular de Ordes anima a todos os seus militantes e simpatizantes a
acudir ao mitin, que queda fixado para as 22,00 horas do martes 16 de
outubro, en LP-45.
O
Partido Popular pide desculpas polas molestias que este axuste de axenda poda
causar.
Neste acto, Feijóo será precedido
polas intervencións de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de
Ordes; de Diego Calvo Pouso, presidente da Deputación da Coruña e director de
campaña do PP coruñés; e de Pedro Puy Fraga, portavoz parlamentario do PPdeG no
Parlamento de Galicia e candidato pola provincia da Coruña.