·
O
Partido Popular rexeita o intento do rexedor de aproveitar que un concelleiro
popular aínda non tomou posesión para aprobar pola porta de atrás o Orzamento
de 2012, unha suba das taxas municipais
e a ampliación da zona ORA a todo o centro da vila
·
O
alcalde pretende implantar a ORA baseándose nunha solicitude de 12 veciños,
pero oculta que un cento de residentes asinaron en contra da ampliación da zona
azul
·
O
alcalde, que goberna en minoría, trata de aprobar as contas nun pleno
extraordinario, no que a oposición non pode introducir contidos propios, e aproveitando
que aínda non chegou a acta do novo concelleiro, que debe ser remitida pola Xunta
Electoral
Ordes, 4 de xullo de 2012.- O Partido Popular insta ao alcalde de
Ordes a reconsiderar a orde do día do Pleno extraordinario convocado para o
vindeiro venres no que pretende aprobar, aproveitándose de que un concelleiro
popular aínda non puido tomar posesión, os orzamentos de 2012, unha suba xeneralizada
das taxas municipais e a extensión da ORA a todo o centro da vila.
O voceiro municipal do Partido
Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, advirte que, de consumarse este
anuncio, o alcalde de Ordes pasará á historia como un covarde político, como un
alcalde pusilánime, que é incapaz de enfrontarse co día a día derivado da
minoría coa que goberna (só ten 7 dos 17 concelleiros da Corporación). (1)
Manuel Regos convocou un pleno
extraordinario para o próximo venres aproveitándose de que o grupo municipal do
Partido Popular conta estes días con tan só cinco concelleiros, dado que Luis
Caamaño, o novo concelleiro que debe substituír a Pedro Carrasco (que
formalizou a súa renuncia a pasada semana por razóns persoais) non tomará
posesión, previsiblemente, ata o próximo pleno ordinario, previsto para finais
de xullo, posto que a Xunta Electoral aínda non remitiu a acta do novo
concelleiro.
Suba xeneralizada de impostos
Regos tratará de sacar adiante
as contas municipais, pero tamén unha suba xeneralizada das taxas para o 2013 e
a extensión da ORA de maneira antidemocrática, e mediante un pleno
extraordinario.
Os veciños rexeitan ampliar a ORA
Logo da situación de bancarrota
na que a xestión de Regos sumiu ao Concello de Ordes, que acumula unha débeda
de máis de 10 millóns de euros, o alcalde pretende remendar a situación cunha
suba xeneralizada de todas as taxas municipais, desde o imposto de bens
inmobles, a recollida de lixo, a subministración de auga, sumidoiros, licenzas
de taxi ou o imposto de circulación de vehículos, entre outros.
O Partido Popular amosa o seu
rexeitamento a esta subida de impostos, na medida en que o alcalde pretende
trasladar a todos os veciños o pagamento das facturas que xenerou como consecuencia
dunha xestión irresponsable.
O Partido Popular non comparte a
extensión masiva da zona ORA ás rúas do centro da vila que o Concello pretende implantar
baseándose nunha solicitude formulada por 12 veciños para unha rúa concreta.
Oculta o alcalde, sen embargo, que fronte a 12 veciños que pediron ampliar a
zona azul, o Concello recibiu tamén medio cento de sinaturas opoñéndose a esta
medida.
(1)
O Diccionario da Real Academia Española
recolle a seguinte definición do termo covarde:
cobarde.
(Del fr. couard).
1. adj. Pusilánime, sin valor ni
espíritu. U. t. c. s.
2. adj. Hecho con cobardía.
|
Logo de terlle mostrado ao
voceiro municipal do Partido Popular o malestar por parte do alcalde e do seu
equipo de Goberno a razón do comunicado de onte, recórdase a definición do
termo covarde.
O Partido Popular non ten
problema en mudar a expresión covarde por pusilánime (que segundo a RAE é
alguén “Falto de
ánimo y valor para tolerar las desgracias o para intentar cosas grandes”),
definición que tamén describe perfectamente o xeito de actuar do alcalde de
Ordes e do equipo que o rodea.