·
O portavoz municipal do PP recorda que a maior parte dos
pasos de peóns están despintados e que, coa chegada do mal tempo redúcese a
visibilidade, cos conseguintes riscos para peóns e condutores
·
Tamén reclamará unha solución para os asolagamentos que
se producen en Merelle cada vez que chove con intensidade
·
Outro rogo irá dirixido a que se arranxen os múltiples
desperfectos que presentan o firme e as baldosas das beirarúas da localidade
Ordes, 30 de outubro de 2013.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Ordes reclamará
no Pleno ordinario deste xoves que o Concello revise e repare todos os pasos de
peóns da vila, que logo de varios anos sen mantemento algún presentan un estado
de conservación lamentable.
José
Luis Martínez, portavoz municipal do Partido Popular de Ordes recorda que o
desgaste que presenta a sinalización horizontal tradúcese en falta de
visibilidade, cos conseguintes riscos para peóns e condutores, riscos que
se incrementan considerablemente no
outono e no inverno, pola chuvia e a ausencia de luz.
Asolagamentos en Merelle
Outro
dos rogos a formular, irá encamiñado a denunciar e reclamar unha solución para
o mal estado do firme e das baldosas das beirarúas da vila de Ordes, en moitos
casos desprendidas, rotas ou inexistentes. A situación vólvese máis perigosa coas choivas, posto que estes puntos
se transforman en pozas, nas que os viandantes corren serio risco de sufrir esvaróns ou caídas.
Trasladarán
tamén os populares ao Pleno corporativo un rogo reiterando a solicitude, xa
formulada tres meses atrás, para eliminar un vertedoiro de residuos detectado
ao carón da pista denominada “cara a Ponte de Raña”, preto de Fosado, na
parroquia de Montaos.
Outros Rogos:
·
Que o
Concello dea a coñecer o custe final das festas patronais de Ordes, celebradas
entre o 14 e o 17 de agosto pasado, solicitando que se especifique a achega
municipal e o importe das doazóns recadadas.
·
Corrixir as
deficiencias detectadas nos labores de desbrozamento de algúns tramos das
pistas de concentración parcelaria.
·
Arranxar os
desperfectos que presenta o firme da pista que enlaza a estrada N-550 con
Pereira á altura do lugar de O Curro.
·
Dotar de
alumeado público a vía de titularidade municipal que comunica o núcleo de O
Ceidón coa estrada que une Ordes con Ponte Carreira.
·
Reparar a
marquesiña situada ao carón da estrada N-550 e preto da rotonda de acceso ao
Polígono, en dirección a O Conde.
·
Informar
sobre as tarifas que se están a aplicar aos veciños pola actuación dos
bombeiros do parque comarcal, dadas as queixas dos veciños que requiriron a intervención
deste servizo por incendios en vivendas ou alpendres.
·
Corrixir as
deficiencias detectadas nas beirarrúas de acceso ao CEIP do Mesón do Vento,
recentemente executadas, e que, por falta de previsión, presentan pozas no
acceso ao centro, o que xera problemas aos nenos.
·
Que se
informe sobre as actuacións do radar nun vehículo da DXT empregado pola Policía
Local nas pasadas semanas.
·
Se mellore a
sinalización do ceda o paso, entre a Rúa Compostela e a Rúa Reconciliación.


