·
O PP insta ao alcalde a explicar que control de calidade
se fixo
·
Reclama que o Concello esixa a reparación das fochancas
que xa presenta o vial que atravesa o polígono empresarial, así como nas inmediacións
da rotonda da Gorita
· Curiosamente, os principias desperfectos rexístranse nun
tramo que foi asfaltado a toda presa minutos antes do acto inaugural da rolda
leste, en abril de 2012
Ordes, 12 de setembro de 2013.- Pouco máis de un ano despois de entrar en servizo, en
abril de 2012, o segundo tramo da rolda leste de Ordes (o que discorre entre a
AC-524 pasando polo rotonda da Gorita ata a estrada N-550, atravesando o
polígono empresarial) xa presenta fochancas derivadas dunha presunta execución
neglixente.
O Partido
Popular considera inadmisibles estas deficiencias e recorda que se ben as obras
foron pagadas pola Xunta, a contratación, execución e supervisión dos traballos
correu a cargo do Concello de Ordes.
Por iso,
o portavoz municipal do PP, José Luis Martínez, insta ao alcalde a explicar qué
tipo de control de calidade se fixo sobre estes traballos.
Con
todo, o Partido Popular presentará unha iniciativa no vindeiro Pleno municipal
para que o Concello esixa á empresa adxudicataria a completa revisión da capa
de rodadura da rolda leste e a inmediata subsanación dos problemas detectados, que
poden ir a máis a medida que as condicións climatolóxicas empeoren coa chegada
do outono.
Asfaltado express
Os
maiores desperfectos –gretas e fochancas- rexístranse no vial que atravesa o
polígono empresarial, un tramo que curiosamente foi asfaltado a toda presa a
mesma tarde na que se celebrou o acto inaugural da rolda leste, unha mostra
máis das “chapuzas” que se suceden nas obras acometidas baixo a dirección do
goberno do Concello de Ordes. Na rotonda da Gorita e nas súas inmediacións tamén
se rexistran múltiples desperfectos no firme do vial.

