·
Martínez Sanjurjo departíu con diferentes cargos
políticos e institucionais
Ordes, 12 de maio de 2012.- Un cento de ordenses asistíu este
mediodía, no recinto de Expocoruña da cidade herculina, a un acto organizado
pola sede provincial do Partido Popular para reafirmar o ideario desta
formación, tres anos despois da victoria electoral de Feijóo nas Autonómicas e
un ano despois das Eleccións municipais.
A agrupación local do
Partido Popular de Ordes fletou un autobús para trasladar ata A Coruña a un
nutrido grupo de militantes e simpatizantes, pero foron tamén numerosas as
persoas que acudiron nos seus vehículos particulares.
A representación institucional
do PP ordense estivo encabezada polo portavoz municipal, José Luis Martínez
Sanjurjo e os concelleiros do Grupo Popular.
Durante o acto, no que se
deron cita 5.000 persoas, entre as que
ademais do presidente da Xunta se atopaban varios conselleiros, o presidente da
Deputación Provincial, alcaldes, deputados e senadores, Martínez Sanjurjo
departíu con diferentes cargos políticos e institucionais do Partido Popular.
O Partido Popular de Ordes
agradece e valora a elevada resposta que esta convocatoria acadou entre os seus
militantes e simpatizantes e considera que esa receptividade acredita a
crecente aceptación dos seus postulados entre os veciños de Ordes.

